Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Luns, 09 de febreiro de 1998 Páx. 1.233

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 19 de decembro de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, de notificacións das propostas de resolución do procedemento sancionador de incendios 164I/96 e dous máis.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan que, con esta data, resolvín publica-las propostas de resolución dos procedementos sancionadores por infracción da Lei 81/1968, do 5 de decembro, sobre incendios forestais (BOE número 294, do 1-12-1968), e do seu regulamento, aprobado polo Decreto 3769/1972, do 23 de decembro (BOE número 38, do 13-2-1973), por non seren posibles as súas notificacións.

O pagamento voluntario poralles fin ós expedientes. Para efectualo deberán emprega-los impresos normalizados, que serán facilitados nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de servicios múltiples de Monelos, A Coruña.

De non efectua-lo pagamento voluntario, os interesados dispoñen dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó de publicación desta notificación, para formularen cantas alegacións estimen pertinentes. No mesmo prazo ponse o procedemento de manifesto para trámite de vista se o considera oportuno.

Rematado o prazo que se sinala, estas propostas, xunto con tódolos documentos que constan no expediente, remitiránselle ó delegado provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria para a resolución dos procedementos.

O que se lles comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE número 189, do 9-8-1993).

A Coruña, 19 de decembro de 1997.

Paloma Puente Sánchez

Instructora

ANEXO

Tipificación Regulamento

Incendios

ExpedienteDenunciado

DNI

Último enderezo coñecido

Feitos denunciadosArtigoCualificaciónSanción

proposta

164I/96Blanco Armada, Orlando. 32.521.714. Benito Blanco Rajoy, 9-6º Esq. B A CoruñaAbandono da queima sen estar apagada138.BMoi grave50.000 ptas.
231I/96Rey Abel, Ricardo. 33.189.030 Frades-A CoruñaQueimar ou acender lume cando está prohibido138.AMoi grave50.000 ptas.
116I/97Remiseiro Rivas, Silvia. 44.075.080. Rúa das Fontiñas, 4 baixo, Santiago de Compostela (A Coruña)Queima sen autorización e acampar en zonas forestais prohibidas137.B e 136.HGrave15.000 ptas.

425