Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Luns, 09 de febreiro de 1998 Páx. 1.232

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 19 de decembro de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación das resolucións do procedemento sancionador de incendios 178I/96 e dous máis.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan que, con esta data, resolvín publica-las resolucións do procedemento sancionador por infracción da Lei 81/1968, do 5 de decembro, sobre incendios forestais (BOE número 294, do

1-12-1968), e do seu regulamento, aprobado polo Decreto 3769/1972, do 23 de decembro (BOE número 38, do 13-2-1973), por non seren posibles as súas notificacións.

O importe das sanciósn farase efectivo en calquera entidade bancaria, na conta de recadación de multas e sancións da Xunta de Galicia número 311.000.166/2 da Caixa de Aforros de Galicia, O.P., no prazo de quince días hábiles, contados a partir do día seguinte a aquel en que estas resolucións sexan executivas. Para efectualo deberán e, prega-los impresos normalizados que lles serán facilitados nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de servicios múltiples de Monelos, A Coruña.

Transcorrido o citado prazo procederase ó cobramento pola vía administrativa de constrinximento.

De conformidade co previsto no artigo 114 e concordantes da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso ordinario perante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, no prazo dun mes, contado igualmente, a partir do día seguinte ó da publicación destas notificacións.

Transcorrido o prazo de interposición do recurso, sen que este se presente, estas resolución serán executivas para tódolos efectos.

A Coruña, 19 de decembro de 1997.

Ofelia Rivas Vázquez

Secretaria provincial

ANEXO

Tipificación Regulamento

Incendios

ExpedienteDenunciado

DNI

Último enderezo coñecido

Feitos denunciadosArtigoCualificaciónSanción

178I/96Romaní Barreiro, María. 33.191.853, Ronda de Outeiro, 257-2º Esq. A Coruña.Queima sen autorización e sen precaucións138.CMoi grave50.000 ptas.
214I/96Arias González, Juan. 32.791.106 Praza do Conservatorio, 3-4º Esq. A Coruña.Acumular lixo en zonas forestais sen autorización (vehículo)137.EGrave50.000 ptas.
298I/97Serantes López, Adelina. 32.453.585. Castro, 25-Doniños, Ferrol (A Coruña).Queimar ou acender lume cando está prohibido138.AMoi grave50.000 ptas.

432