Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Luns, 09 de febreiro de 1998 Páx. 1.232

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 13 de xaneiro de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se fai pública a proposta de resolución do expediente sancionador en materia de espectáculos públicos 284/97.

De conformidade co disposto no artigo 59.4 º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que se mencionan a continuación as propostas de resolución nos expedientes sancionadores por infracción da Lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro, de protección da seguridade cidadá, por non ser posible a súa notificación.

Nº de expediente: 284/1997

Denunciado: Enrique Ortiz Gippini

DNI: 33.267.755

Enderezo: Frei Rosendo Salvado, 12 Santiago de Compostela

Establecimiento: Quisqueya

Precepto infrinxido: artigo 26.e) da Lei 1/1992

Precepto sancionador: artigo 28 da Lei 1/1992

Sanción proposta: 20.000 ptas

A competencia para impoñer esta clase de sancións correspóndelles ós delegados provinciais da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, segundo o Real decreto 1640/1996, do 5 de xullo, desenvolvido polo Decreto 360/1996, do 26 de septembro, de atribución ós órganos da Comunidade Autónoma de Galicia do exercicio da potestade sancionadora en materia de espectáculos públicos, en relación co artigo 29.1.d) da LOSC.

Infórmaselle que, de conformidade co establecido no artigo 135 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, e nos artigos 3, 18 e 19 do Regulamento de procedemento para o exercicio da potestade sancionadora (Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto), conta cun prazo de 15 días hábiles desde a publicación para exercitar ante a instructora, Elena Salleres Carnero, xefa da Sección de Sancións, o dereito de audiencia e formular alegacións, así como examina-lo expediente nestas dependencias. Transcorrido o dito prazo, a proposta de resolución remitirase ó órgano competente para resolver.

A Coruña, 13 de xaneiro de 1998.

Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

4321