Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Luns, 09 de febreiro de 1998 Páx. 1.235

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CULLEREDO

ANUNCIO.

O Pleno municipal, en sesión celebrada o día 30 de decembro de 1997 aprobou, con carácter definitivo, o estudio de detalle do cuarteirón número 1 da UA 66 do PXOU, promovido pola sociedade Focarem, S.L., segundo texto refundido redactado pola arquitecta María Elena Muñoz Torrejón, que ten por obxecto a ordenación sobre o devandito cuarteirón do volume edificatorio correspondente.

O acordo aprobatorio poderá ser impugnado ante a xurisdicción contencioso-administrativa no prazo de dous meses contados desde a publicación deste anuncio, logo da comunicación a este concello de acordo co disposto no artigo 110.3º da Lei 30/1992.

Culleredo, 13 de xaneiro de 1998.

Julio Sacristán de Diego

Alcalde

556