Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Luns, 09 de febreiro de 1998 Páx. 1.228

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CEDULA do 16 de xaneiro de 1998, da Secretaría Xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, pola que se notifica a resolución dictada polo conselleiro no recurso interposto contra a resolución do delegado provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo na Coruña do 10 de marzo de 1994.

De conformidade co disposto no artígo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notificase ós interesados, cos datos e últimos domicilios coñecidos na resolución do recurso de ordinario número 0750/1994 interposto contra a resolución do delegado provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo na Coruña, do 10 de marzo de 1994, pola que se denogou a calificación definitiva do expediente 161/1988, para a rehabilitación da vivenda sita na rúa Mariñas, 1-5º A Coruña; e da que súa parte dispositiva literalmente di:

«Desestima-lo recurso de ordinario número V-0750/94, interposto por María Nieto García contra a resolución do delegado provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) na Coruña, do 10 de marzo de 1994, pola que se denegou a calificación definitiva do expediente 161/1968, para a rehabilitación da vivenda sita na Rúa Mariñas, 1-5º A, A Coruña; resolución que se confirma.

Contra esta resolución que se transcribe definitiva en vía administrativa cabe recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses a contados desde o día seguinte o da súa notificación, significándolle que debe comunicar previamente esta consellería a dita interposición conforme ó artigo 110.3 da Lei 30/1992 de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común».

E para que conste e sirva de notificación ós interesados, asino e selo a presente Cédula en Santiago de Compostela o 16 de xaneiro de mil novecentos noventa e oito.

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda

571