Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Luns, 09 de febreiro de 1998 Páx. 1.229

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 16 de xaneiro de 1998, da Secretaría Xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, pola que se notifica a resolución dictada polo conselleiro no recurso interposto contra a resolución do delegado provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo, en Pontevedra, do 23 de marzo de 1992.

De conformidade co disposto no artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ós interesados, cos datos e últimos domicilios coñecidos que se citan na resolución do recurso de alzada número 0751/1994 interposto contra a resolución do delegado provincial do Instituto Galego da Vivenda e o Solo en Pontevedra, do 23 de marzo de 1992, pola que se denegou a cualificación definitiva do expediente 36-RG-325/1989, para a rehabilitación da vivenda sita en Padín, nº 6, Teis-Vigo-Pontevedra, e da que a súa parte dispositiva literalmente dí:

«Desestima-lo recurso de alzada nújmero V-0751-1984, interposto por Rosa María Cabaleiro Vilar contra a resolución do delegado provincial do Instituto Galego da Vivenda e o Solo (IGVS) en Pontevedra, do 23 de marzo de 1992, pola que se denegou a cualificación definitiva do expediente 36-RG-325/1989, para a rehabilitación da vivenda sita en Padín, nº 16 Teis-Vigo-Pontevedra, resolución que se confirma.

Contra esta resolución que se transcribe definitiva en vía administrativa cabe recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa notificación, significándolle que debe comunicar previamente esta consellería a dita interposición conforme o artigo 110.3 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común».

E para que conste e lles sirva de notificación ós interesados, asino e selo a presente cédula en Santiago de Compostela o 16 de xaneiro de mil novecentos noventa e oito.

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda

521