Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Luns, 09 de febreiro de 1998 Páx. 1.228

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 16 de xaneiro de 1998, da Secretaría Xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, pola que se notifica a resolución dictada polo conselleiro no recurso interposto contra a resolución do delegado provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo da Coruña do 13 de decembro de 1991.

De conformidade co disposto no artígo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novmebro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedementos administrativo común, notifícaselles os interesados, cons datos e últimos domicilios coñecidos na rúa Novoa Santos, nº 10-12-1º A Coruña, resolución do recurso de alzada número 0893/92, interposto contra a resolución do delegado provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo en A Coruña, do 13 de decembro de 1991, pola que, no expediente VPC-1/91, se sanciona cunha multa de duascentas cincuenta mil pesetas (250.000 ptas.) e se ordena a devolución a Ricardo Lama Vecente da suma de 613.819 ptas. en concepto de cantidade indebidamente percibida como sobreprezo da renda da vivenda 2º esq. C. da rúa Xeneral Sanjurjo, nº 40, en A Coruña da que a súa parte dispositiva literalemente di:

«Desestima-lo recurso de alzada número V-0893/92, interposto por Mª Ángeles Villar Freire contra a resolución do delegado provincial IGVS na Coruña, do 13 decembro de 1991, pola que, no expediente VPC-1/91, se sanciona cunha multa de duascentas cincuenta mil pesetas (250.000 ptas) e se ordena a devolución a Ricardo Lama Vicente da suma de 613.819 ptas. en concepto de cantidade indebidamente percibida como sobreprezo da renda da vivenda 2º esq. C. da rúa Xeneral Sanjurjo, nº 40 na Coruña; resolución que se confirma.

O importe da sanción deberá ser ingresado na conta de Tesouro de Economía e Facenda Galega -conta restrinxida da CPTOP e V recadación de multas e sancións número 2091-0388-3110000897 de Caixa Galicia, no prazo determinado de acordo co establecido no artigo 20 Regulamento de recadación, as notificadas entre os días 1 e 14 de cada mes, desde a data de notificación ata o día 5 do mes seguinte ou inmediato hábil posterior. As notificadas entre os dias 16 de último de cada mes, desde a data da notificación ata o día 20 do mes seguinte ou o inmediato hábil posterior».

De non cumprirse a presente resolucón en tódolos seus termos, poderán ser utilizadas as multas coercitivas previstas no artigo 166 do Regulamento de vivendas de protección oficial (Decreto 2114/1968, do 24 de xullo).

Contra esta resolución que se trancribe definitiva en vía administrativa cabe recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa notificación, lembrándolle que debe comunicar previa

mente a esta consellería a devandita interposición conforme o artigo 110.3 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

E para que conste e sirva de notificación ós interesados, asino e selo a presente cédula en Santiago de Compostela o 16 de xaneiro de mil novecentos noventa e oito.

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda

570