Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Luns, 09 de febreiro de 1998 Páx. 1.227

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 16 de xaneiro de 1998, da Secretaría Xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, pola que se notifica a resolución dictada polo conselleiro no recurso interposto contra a resolución do delegado provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo na Coruña do 29 de abril de 1992.

De conformidade co disposto no artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro de réxime xurídico

das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ós interesados, cos datos e últimos domicilios coñecidos na Praza García Naveira, nº 1-1º esqda. 15300, Betanzos-A Coruña, resolución do recurso de alzada número 1756/1992, interposto contra a resolución do delegado provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo na Coruña, do 29 de abril de 1992, pola que, no expediente VPC-6/1991, se sanciona cunha multa de duascentas cincuenta mil pesetas (250.000 ptas.) e se ordena reintegra-la suma de 215.001 ptas a Luciano Grela Calviño en concepto de sobreprezo da renda polo aluguer da vivenda sita na rúa Archer Milton Huntington, 9-7º C na Coruña, da que a súa parte dispositiva literalmente dí:

«Desestima-lo recurso de alzada número V-1756/1992, interposto por Pilar Vasco Couceiro contra a resolución do delegado provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) na Coruña, do 29 de abril de 1992, pola que, no expediente VPC-6/1991, se sanciona cunha multa de duascentas cincuenta mil pesetas (250.000 ptas.) e se ordena reintegra-la suma de 215.001 ptas. a Luciano Grela Calviño en concepto de sobreprezo da renda polo aluguer da vivenda sita na rúa Archer Milton Huntington, nº 9-7º na Coruña; resolución que se confirma.

O importe da sanción deberá ser ingresado na conta do Tesouro de Economía e Facenda Galega -conta restrinxida da CPTOP e V recadación de multas e sancións número 2091-0388-3110000897 de Caixa Galicia, no prazo determinado de acordo co establecido no artigo 20 do Regulamento de recadación, as notificadas entre os días 1 e 14 de cada mes, desde a data de notificación ata o día 5 do mes seguinte ou o inmediato hábil posterior. As notificadas entre os días 16 e último de cada mes, desde a data da notificación ata o día 20 do mes seguinte ou o inmediato hábil posterior».

De non cumprirse a presente resolución en tódolos seus termos, poderán ser utilizadas as multas coercitivas previstas no artigo 166 do Regulamento de vivendas de protección oficial (Decreto 2114/1968, do 24 de xullo).

Contra esta resolución que se transcribe definitiva en vía administrativa cabe recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa notificación, lembrándolle que debe comunicar previamente a esta consellería a devandita interposición conforme o artigo 110.3 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

E para que conste e sirva de notificación ós interesados, asino e selo a presente cédula en Santiago de Compostela o 16 de xaneiro de mil novecentos noventa e oito.

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda

569