Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Luns, 09 de febreiro de 1998 Páx. 1.227

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 22 de xaneiro de 1998 pola que se nomea profesora titular de universidade da área de coñecemento de inmunoloxía, do departamento de Bioquímica, Xenética e Inmunoloxía, a María África González Fernández (praza 28/1997).

Consonte a proposta formulada pola comisión constituída para xulga-lo concurso convocado por resolución desta universidade do 21 de marzo 1997 (BOE do 12 de abril) para a provisión dunha praza de profesor titular de universidade da área de coñecemento de inmunoloxía, do departamento de Bioquímica, Xenética e Inmunoloxía, a prol de María África González Fernández, con documento nacional de identidade número 08.957.215, e cumprindo a interesada os requisitos do artigo 5.2º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,

Este rectorado, en uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a María África González Fernández profesora titular de universidade da área de coñecemento de inmunoloxía, do departamento de Bioquímica, Xenética e Inmunoloxía.

Este nomeamento producirá plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión pola interesada, que deberá efectuarse no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderán os interesados, logo da comunicación a este rectorado, interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de 2 meses contados a partir do día seguinte ó da publicación no Boletín Oficial del Estado.

Vigo, 22 de xaneiro de 1998.

José Antonio Rodríguez Vázquez

Rector da Universidade de Vigo

568