Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Luns, 09 de febreiro de 1998 Páx. 1.205

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 20 de xaneiro de 1998 pola que se autoriza o cesamento de actividades no centro privado Concepción Arenal II, de Vigo (Pontevedra).

Examinado o expediente incoado pola titularidade do centro privado Concepción Arenal II, de Vigo (Pontevedra) en solicitude de cesamento de actividades no dito centro.

Resultando que o antedito centro privado obtivo, por Orde do 28 de xullo de 1976, a autorización definitiva para dúas unidades de preescolar e por Orde do 25 de maio de 1976, a autorización definitiva para oito unidades de educación xeral básica.

Vistos o Real decreto 1004/1991, do 14 de xuño (BOE do 26), polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que imparten ensinanzas de réxime xeral non universitarias, Decreto 133/1995, do 10 de maio (Diario Oficial de Galicia do 22), sobre autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias e a Orde do 20 de setembro de 1995 (Diario Oficial de Galicia do 15 de decembro) que o desenvolve.

Esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa,

DISPÓN:

Autoriza-lo cesamento de actividades do centro privado que se relaciona no anexo da presente orde, quedando nulas e sen ningún efecto as disposicións que autorizan o funcionamento legal do devandito centro.

Santiago de Compostela, 20 de xaneiro de 1998.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO:

Código do centro: 36011877.

Concello: Vigo.

Localidade: Vigo.

Enderezo: Portela, 12.

Denominación: Concepción Arenal II.

Titular: Centro de Enseñanza Concepción Arenal II, Sociedad Limitada.

Autorización do cesamento de actividades do centro.

832