Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Luns, 09 de febreiro de 1998 Páx. 1.205

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 23 de xaneiro de 1998 pola que se autoriza o cambio de denominación do Instituto de Educación Secundaria do Carballiño (Ourense) e do Instituto de Educación Secundaria de Redondela (Pontevedra).

Tendo en conta o artigo 3º, punto 1º do Decreto 324/1996, do 26 de xullo, polo que se aproba o Regulamento orgánico dos institutos de educación secundaria (Diario Oficial de Galicia 156 do

09/08/1996), así como os correspondentes informes, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa, esta consellería,

DISPÓN:

Autoriza-los cambios de denominación dos centros que no anexo se relacionan.

Santiago de Compostela, 23 de xaneiro de 1998.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO:

Provincia: Ourense.

Concello: O Carballiño.

Localidade: O Carballiño.

Código do centro: 32015037.

Denominación: Instituto de Educación Secundaria do Carballiño.

Nova denominación: Instituto de Educación Secundaria Manuel Chamoso Lamas.

Provincia: Pontevedra.

Concello: Redondela.

Localidade: Redondela.

Código do centro: 36016656.

Denominación: Instituto de Educación Secundaria de Redondela.

Nova denominación: Instituto de Educación Secundaria Pedro Floriani.

506