Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Venres, 06 de febreiro de 1998 Páx. 1.166

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (220/1997-10).

Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela e o seu partido, fai saber que neste xulgado se tramita xuízo de faltas 220/1997-10, por instancia de Paulo Jorge Martins dos Santos e Jesús Raña Juncal, contra Alberto Ramiro de la Fuente, Ricardo Luis Vázquez Pazos e Alberto Rodríguez Torreira, e nas súas actuacións en resolución desta data dictouse sentencia cun encabezamento e parte dispositiva do teor literal seguinte:

Sentencia. En nome da Súa Maxestade El-rei.

En de Santiago de Compostela, 8 de xaneiro de 1998.

Francisco Javier Mïguez Poza, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos desta cidade, dictou a presente resolución no xuízo de faltas seguido neste xulgado coa referencia número 220/1997, no que actuaron como partes, como denunciantes, Paulo Jorge Martins dos Santos e Jesús Raña Juncal e, como denunciados, Alberto Ramiro de la Fuente, Alberto Rodríguez Torreira e Ricardo Luis Vázquez Pazos.

Foi parte o Ministerio Fiscal.

Decido que debo condenar e condeno a Alberto Ramiro de la Fuente como autor dunha falta do artigo 623-1 do Código Penal á pena dun mes de multa con cota diaria de 200 pesetas, así como ás custas procesuais.

Deberá paga-la referida cantidade unha vez firme a presente resolución, cando sexa requirido para tal fin.

E debo absolver e absolvo a Alberto Rodríguez Torreira e Ricardo Luis Vázquez Pazos.

Contra a presente resolución poderase interpor recurso de apelación, ante a audiencia provincial no prazo de 5 días, cointados desde a súa notificación, mediante escrito de formalización no que se exporán ordenadamente as alegacións sobre quebrantamento das normas e garantías procesuais, erro na apreciación da proba ou infracción de precepto constitucional ou legal nas que se basee a impugnación e fixarase o enderezo para as notificacións. Se no recurso se pedise a declaración de nulidade do xuízo por infracción de normas ou garantías procesuais que causasen a indefensión do que recorre, en termos tales que non poida ser emenda da falta ou infracción na primeira instancia, agás no caso de que se cometesen nun momento no que xa fose

imposible a reclamación. No mesmo escrito de formalización poderá o recorrente pedi-la práctica de probas que non foron practicadas por causas que non lle sexan imputables, expoñendo as razóns polas que a falta daquelas dilixencias de proba produciu indefensión.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Lévese testemuño literal ós autos da súa razón, quedando o orixinal no libro de sentencias deste xulgado.

E para que conste e lle sirva de notificación a Paulo Jorge Martins dos Santos, expido e asino en Santiago de Compostela o quince de xaneiro de mil novecentos noventa e oito.

Rubricado

544