Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Venres, 06 de febreiro de 1998 Páx. 1.138

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

CORRECCIÓN de erros.-Decreto 8/1998, do 8 de xaneiro, polo que se desenvolve a estructura orgánica da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

Publicado o Decreto 8/1998, do 8 de xaneiro, polo que se desenvolve a estructura orgánica da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo:

-Na páxina 372, na disposición transitoria, onde di: «Cando como consecuencia da estructura orgá

nica que se establece no presente decreto se modifique a denominación ou contido das subdireccións ou servicios existentes con anterioridade ou se supriman algunhas das ditas unidades, autorízase o conselleiro, por proposta do secretario xeral, a readscribi-lo persoal afectado a postos do mesmo nivel ou inferior, sempre que sexan postos de libre designación, ou adscribilos con carácter temporal a postos de inferior nivel se se trata de prazas de provisión por concurso, ata que, neste último caso, os ditos postos sexan cubertos da forma regulamentariamente establecida, sen que en ningún caso supoña a readscrición ou adscrición cambio de residencia»; debe dicir: «Cando como consecuencia da estructura orgánica que se establece no presente decreto se modifique a denominación ou contido das subdireccións ou servicios existentes con anterioridade ou se supriman algunhas das ditas unidades, autorízase o conselleiro, por proposta do secretario xeral, a readscribi-lo persoal afectado a postos

do mesmo nivel ou inferior, sempre que sexan postos de libre designación, ou adscribilos con carácter temporal a postos de inferior nivel se se trata de prazas de provisión por concurso, ata que, neste último caso, os ditos postos sexan cubertos da forma regulamentariamente establecida, sen que en ningún caso supoña a readscrición ou adscrición cambio de residencia, todo isto sen prexuízo do disposto no artigo 62.4º da Lei da función pública e da Lei 9/1997, do 12 de maio, de órganos de representación, determinación das condicións de traballo e participación do persoal ó servicio das administracións públicas, así como das competencias que poida ter atribuídas nesta materia a Consellería da Presidencia e Administración Pública».

959