Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Xoves, 05 de febreiro de 1998 Páx. 1.121

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE PONTEAREAS

EDICTO (281/1997).

María Dolores Galovart Carrera, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Ponteareas, fai saber que neste xulgado se segue expediente de dominio por instancia de Laura Arjones Martínez, para a isncrición de dominio do seguinte predio:

Outeiro de Castro, sita en Fozara, mide 5,50 a de superficie aproximada, na que hai unha caseta en ruínas, actualmente edificio, composto de baixo e alto, e os labradíos que o rodean ó lete e ó oeste. Linda: ó norte, camiño e antes Ascendina Arjones Martínez, hoxe máis da miña propiedade; sur, Claudina Arjones Martínez; leste, camiño e Claudina Arjones Martínez; e oeste, Luisa Otero, hoxe a súa bisneta Erundina Paz Martínez.

Perténcelle por compra da súa nai Digna Arjones Martínez, por contrato privado do 1-4-1976, liquidado o 23-4-1976.

Inscrición: segundo certificación do rexistro, o predio non aparece inscrito, polo menos, de xeito que poida ser identificado.

Por providencia do 31-10-1997, admitiuse a trámite o expediente, ó cumprírense os requisitos legais, e acordouse cita-los herdeiros descoñecidos de Digna Arjones Martínez, como persoa de quen procede e as persoas ignoradas ás que lles poida prexudica-la inscrición solicitada, co fin de que dentro dos dez días seguintes, poidan comparecer neste xulgado para alega-lo que no seu dereito conveña.

Dado en Ponteareas o dezaoito de outubro de mil novecentos noventa e sete.

Rubricado

492