Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Xoves, 05 de febreiro de 1998 Páx. 1.121

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (137/1992-04).

Eu, Francisco Javier Míguez Poza, maxitrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción

número dous de Santiago de Compostela, fago saber que no xuízo executivo seguido neste xulgado co número 137/1992, promovido polo Banco Zaragozano, S.A., representado polo procurador García-Piccoli, contra Miguel Ángel Rodríguez Santalices, sobre reclamación de cantidade, con data do 31 de xullo de 1997, para os efectos previstos no artigo 1455 da Lei de axuizamento civil. Amplíase o embargo practicado, sobre o vehículo BMW, matrícula C-3653-BT e a parte proporcional que legalmente corresponda dos emolumentos que por tódolos conceptos perciba o demandado polo seu traballo na empresa Eme Zeta Publicidad, S.L., con domicilio na Vía Edison, número 260 de Santiago de Compostela; e dado que o demandado se atopa en ignorado paradoiro, por medio da presente cédula notifícaselle ó embargado a mellora do embargo.

E para que conste e lle sirva de notificación ó demandado, expido e asino a presente cédula en Santiago de Compostela o doce de xaneiro de mil novecentos noventa e oito.

Rubricado

494