Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Xoves, 05 de febreiro de 1998 Páx. 1.120

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE LALÍN

EDICTO (292/1997).

A secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Lalín (Pontevedra) fai saber que en virtude do disposto polo xuíz deste Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Lalín, no expediente de suspensión de pagamentos 292/1997, promovido pola entidade mercantil Talleres Castilla, S.L., con domicilio social en Silleda (Pontevedra), A Mera número 31, dedicada como actividade primordial á instalación de calefacción e fontanería en xeral; por medio do presente edicto faise público que por providencia desta data se tivo por solicitada en forma a declaración en estado de suspensión de pagamentos da dita entidade mercantil, acordada a intervención de tódalas súas operacións.

Advírteselles ós acreedores que se absteñan de realizar operacións e toda clase de pagamentos coa debedora sen o concurso dos interventores.

En Lalín o trece de xaneiro de mil novecentos noventa e oito.

A secretaria

Rubricado

448