Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Xoves, 05 de febreiro de 1998 Páx. 1.120

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DA POBRA DE TRIVES

EDICTO (7/1997).

Purificación González López, xuíza de primeira instancia desta vila e o seu partido, fai saber que nos autos de xuízo de cognición nº 7/1997 dos que se fará mención, se dictou sentencia cun encabezamento e parte dispositiva do teor literal seguinte:

Sentencia. Na Pobra de Trives o dez de decembro de mil novecentos noventa e sete. Vistos por Purificación González López, xuíza de primeira instancia desta vila e o seu partido, os autos de xuízo de cognición nº 7/1997, sobre reclamación de cantidade, pola de catrocentas mil pesetas, promovidos pola procuradora Mónica Vázquez Blanco, en nome e representación de María de la Anunciación Martínez Domínguez, maior de idade e veciña de Montederramo, con domicilio no Peredo de Cobas, contra os demandados Amadeo Domínguez González, maior de idade e veciño de Chandrexa de Queixa, con domicilio na Espasa; Amadeo Domínguez Estévez, maior de idade e veciño de Lalín, con domicilio na rúa B nº 59, 1º; María del Carmen Domínguez Estévez, maior de idade e veciña de Lalín, con domicilio na rúa Pintor Laxeiro, nº 25, 2º, reprewsentados

pola procuradora Cortés Nogueiras, baixo a dirección do letrado Manuel Álvarez Pérez, e contra os demandados Emilia Domínguez Estévez, maior de idade e veciña de Chandrexa de Queixa, con domicilio na Espasa, e Gerardo Domínguez Estévez, maior de idade, con domicilio descoñecido e co último domicilio coñecido en Andorra, ambos en situación procesual de rebeldía.

Decido que, desestimando a demanda presentada pola procuradora Vázquez Blanco, en nome e representación de María de la Anunciación Martínez Domínguez, contra os demandados Amadeo Domínguez González, Amadeo Domínguez Estévez, Carmen Domínguez Estévez, representados pola procuradora Cortés Nogueiras, contra os demandados Gerardo Domínguez Estévez e Emilia Domínguez Estévez, ambos en situación procesual de rebeldía, debo absolver e absolvo os ditos demandados dos pedimentos do súplico da demanda, todo isto con imposición de custas á parte demandante.

Notifíqueselle-la presente sentencia ás partes, e fágaselles saber que non é firme e que contra ela poderán interpor recurso de apelación para ante a Audiencia Provincial de Ourense no prazo de cinco días.

E para a súa publicación no Diario oficial de Galicia e para que lles sirva de notificación en forma ós demandados Gerardo Domínguez Estévez, ós que se lles fai saber que a dita resolución non é firme e que contra ela poderán interpor recurso de apelación no prazo de cinco días por medio de escrito baixo sinatura do letrado para ante a Audiencia Provincial de Ourense, dou o presente edicto, que asino na Pobra de Trives, o dez de decembro de mil novecentos noventa e sete.

Rubricado

491