Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Mércores, 04 de febreiro de 1998 Páx. 1.071

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

ANUNCIO do 1 de xullo de 1997, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, polo que se fai pública a non clasificación do monte Río Edreira, concello de Laza (Ourense).

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común, na sesión celebrada o día 30 de xuño de 1997, adoptou o acordo que ten unha parte dispositiva do seguinte teor literal:

Primeiro.-Non clasifica-lo monte denominado Río Edreira do Concello de Laza, como veciñal en man común, dado o carácter de propiedade privada da superficie obxecto do expediente.

Notífiquese esta resolución ó alcalde-presidente, ó representante da comunidades veciñal, ó xefe do Servicio de Montes e Industrias Forestais, ós que se lles fará saber que contra esta resolución que esgota a vía administrativa poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo, logo da comunicación á que se refire o artigo 110.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de dous meses perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia contados a partir do día seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

O que por orde do presidente se fai público no Diario Oficial de Galicia, para xeral coñecemento.

Ourense, 1 de xullo de 1997.

José Manuel Baltar Blanco

Secretario do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común.

428