Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Mércores, 04 de febreiro de 1998 Páx. 1.068

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

EDICTO do 10 de novembro de 1997, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se resolve a clasificación dos montes Pozas de Eimonde e outros, da parroquia de Petelos (concello de Mos).

Para os efectos previstos no artigo 28 do Regulamento para a execución da Lei 13/1989, de 10 de outubro, de montes veciñais en man común, Decreto 260/1992, de 4 de setembro, e de conformidade co disposto no artigo 60.1º da Lei 30/1992,

de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, faise constar que:

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais de Pontevedra dictou a seguinte resolución:

Na cidade de Pontevedra, sendo as dezasete horas do día tres de novembro de mil novecentos noventa e sete, nos locais da delegación provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, logo da citación para o efecto reúnese o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común coa asistencia das seguintes persoas:

Presidente: José Luis Díez Yáñez.

Vicepresidente: José J. Barreiro Prado.

Vocais:

Teodoro Arribas Serrano.

Luis Mª Muíños Vidueira.

Serafín Quinteiro Blanco.

Vocais representantes da parroquia de Petelos. Concello de Mos.

Asunción Sio Escudero.

Ángeles Campo Carrera.

Secretaria: Ramona C. Fernández Álvarez.

Antecedentes de feito.

Primeiro.-Formulada solicitude de clasificación polos veciños da parroquia de Petelos, concello de Mos, dos montes Pozas de Eimonde e outros o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común, na súa reunión con data do 22-12-1994, acordou inicia-los trámites para a clasificación dos montes Pozas de Eimonde e outros, sitos na parroquia de Petelos, concello de Mos, así como a remisión da solicitude e documentación achegada ó Servicio de Montes e Industrias Forestais para o seu estudio e informe.

Segundo.-Unha vez emitido o preceptivo informe polo Servicio de Montes e Industrias Forestais, no expediente seguíronse os trámites previstos na Lei 13/1989, do 10 de outubro, do Parlamento de Galicia, de Montes Veciñais en Man Común e o seu regulamento, aprobado por Decreto 260/1992, do 4 de setembro, facéndose as preceptivas publicacións no Diario Oficial de Galicia, solicitándose a correspondente anotación preventiva ó Rexistro da Propiedade, así mesmo, mediante publicación no Diario Oficial de Galicia, abriuse un período de información pública dun mes para a práctica de alegacións outorgándose igual período ós interesados no expediente, así como o alcalde-presidente do Concello de Mos, a quen se lle remitiu o correspondente edicto, para a sua fixación nos lugares de costume do núcleo veciñal.

Terceiro.-Os montes obxecto do presente expediente de clasificación correspóndense coa seguinte descrición:

Concello: Mos.

Parroquia: Petelos.

-Parcela nº 1: Pozas de Eimonde.

Cabida: 6 has.

Límites:

Norte: propiedades privadas e camiños.

Sur, leste e oeste: propiedades privadas e camiños.

-Parcela nº 2: couto da Pedra.

Cabida: 1 ha.

Límites:

Norte: camiño público.

Sur: camiño publico.

Leste: propiedades particulares e río.

Oeste: camino público.

-Parcela nº 3: Veigadaña.

Cabida: 4 has.

Límites:

Norte: galpón en desuso e propiedades privadas.

Sur: camiño público e monte de Torroso.

Leste: propiedades particulares.

Oeste: camiño ó Porriño.

-Parcela nº 4: Castro.

Cabida: 1 ha.

Límites:

Norte: campo de fútbol de Tameiga.

Sur: camiño público.

Leste: camiño público.

Oeste: estrada.

-Parcela nº 5: Devesa de Perral.

Cabida: 0,050 has.

Límites:

Norte: predios privados.

Sur: camiño público.

Leste: regato e camiño público.

Oeste: regato e camiño público.

-Parcela nº 6: monte común.

Cabida: 0,80 has.

Límites:

Norte: propiedades privadas.

Sur: río.

Leste: propiedades e estrada.

Oeste: río.

-Parcela nº 7: Aimonde.

Cabida: 0,0450 has.

Límites:

Norte: propiedades privadas.

Sur: camiño público.

Leste: propiedades privadas.

Oeste: camino público.

-Parcela nº 8: Estivada.

Cabida: 0,0250 has.

Límites:

Norte: camiño de asfalto.

Sur, leste e oeste: camiño de asfalto.

-Parcela nº 9: Carballeira.

Cabida: 0,0650 has.

Límites:

Norte: propiedades privadas.

Sur: muro de formigón.

Leste: predios privados.

Oeste: predios privados.

-Parcela nº 10: Cachada.

Cabida: 0,0190 has.

Límites:

Norte, sur, leste e oeste: camiño público.

-Parcela nº 11: Torreiro de Santa Ana.

Cabida: 0,150 has.

Límites:

Norte: predios privados.

Sur e leste: estrada.

Oeste: predios privados.

-Parcela nº 12: Fontiña.

Cabida: 0,030 has.

Límites:

Norte: predios privados.

Sur e leste: estrada.

Oeste: predios privados e regato.

-Parcela nº 13: parque dos Pozos.

Cabida: 0,280 has.

Límites:

Norte: estrada e camiño de terra.

Sur: predios e estrada.

Leste: camiño de terra e muro de pedra.

Oeste: estrada.

Fundamento único.

Do exame conxunto de tódolos elementos probatorios existentes no expediente, en relación coa petición de clasificación dos montes obxecto del, con bastante dificultade pola deficiente proba e contradictoria nalgúns casos, tanto en relación coa propia natureza sen aproveitamento, como respecto á superficie e lindeiros que poida alcanzar, os membros do xurado acordan de forma unánime, ó estimarse que nestes montes se acredita a concorrencia dos requisitos do artigo 1 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, ó virse aproveitando consuetudinariamente en réxime de comunidade sen asignación de cotas polos veciños da parroquia de Petelos, concello de Mos, a clasificación como veciñais en man común, coa extensión e lindeiros que tamén se consignan, e que se corresponde cola planimetría elaborada para o efecto polo Servicio de Montes e Industrias Forestais e que forma parte inseparable da presente resolución, dos seguintes montes:

-Pozas de Eimonde, distribuída en dúas parcelas separadas e próximas:

* Primeira parcela:

Cabida: 0,40 has.

Límites:

Norte: predios particulares.

Sur: edificio e terreos do instituto e propiedades particulares.

Leste: camiño.

Oeste: camiño.

Exclúense da clasificacióm como veciñais en man común os enclaves constituídos polo instituto e o pavillón deportivo e os seus terreos e servicios adxacentes, así como a pista de acceso a este último polo vento leste.

* Segunda parcela:

Cabida: 1,6 has.

Límites:

Norte: propiedades particulares.

Leste: estrada e propiedades particulares.

Oeste: propiedades particulares.

Sur: propiedades particulares e camiño.

-Couto da Pedra, constituído por dúas parcelas.

* Primeira parcela: Freixa, no polígono 49 do catastro de rústica, predio nº 397 de 0,0493 ha. de superficie.

Límites:

Norte: estrada e río.

Sur: propiedades particulares e camiño.

Leste: río e camiño.

Oeste: propiedades particulares.

* Segunda parcela: Rabelas, polígono 43, predio nº 419 do catastro de rústica de 0,0838 has de extensión.

Límites:

Norte: propiedades particulares.

Sur: estrada.

Leste: propiedades particulares.

Oeste: propiedades particulares.

-Castro.

Cabida: 0,5194 has, no predio nº 64 do polígono 51º do catastro, denominado polo lugar catastral Regenjo.

Límites:

Norte: propiedades particulares (entre outras as parcelas 72, 73 e 74 do catastro) e camiño.

Leste: propiedades particulares (parcela 63 e outras do catastro).

Oeste: propiedades particulares (parcela 71 e outras do catastro).

Sur: propiedades particulares.

-Carballeira.

Cabida: 0,0467 ha, correspóndese coa parcela nº 391 do polígono 43 do catastro.

Límites:

Norte: propiedades particulares (parcela 385 do catastro).

Sur: propiedade particular (parcela 392 do catastro).

Leste: propiedades particulares (parcelas 386, 390, 1138, 1139 do catastro).

Oeste: estrada.

-Parque dos Pozos.

Cabida: 0,278 has, correspóndese coa parcela 378 do polígono 43 do catastro de rústica.

Límites:

Norte: estrada e camiño.

Sur: propiedades particulares (parcela 379 e outras do catastro) e camiño.

Leste: camiño.

Oeste: estrada.

Respecto ás demais parcelas obxecto de expediente non se estima a clasificación como montes veciñais en man común, por non considerarse acreditada suficientemente a pertenza e o aproveitamento polos veciños nos termos esixidos polo citado artigo 1 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común e o artigo 14 da Lei 4/1995, do 24 de maio, de dereito civil de Galicia.

Contra a presente resolución poderasé interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, desde a notificación dela ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co disposto no artigo 58 da Lei reguladora da antedita xurisdicción en relación co artigo 12 da Lei 13/1989, do Parlamento de Galicia, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, e o artigo 28 do seu regulamento aprobado por Decreto 260/1992, do 4 de setembro, modificados ámbolos dous preceptos pola Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracions públicas e do procedemento administrativo común.

Pontevedra, 10 de novembro de 1997.

José Luis Díez Yáñez

Presidente do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra

427