Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Mércores, 04 de febreiro de 1998 Páx. 1.072

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

ANUNCIO do 5 de novembro de 1997, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, polo que se fai pública a clasificación do monte da Torre, a favor dos veciños da Torre, concello de Porqueira (Ourense).

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común, na sesión celebrada o día 4 de novembro de 1997, adoptou o acordo, que ten unha parte dispositiva do seguinte teor literal:

«Primeiro.-Clasifica-lo monte denominado da Torre de 47 has de superficie, a favor dos veciños da Torre, do concello de Porqueira, e coas estremas descritas no considerando terceiro, como veciñal en man común, en réxime de comunidade xermánica.

Segundo.-Que se proceda á exclusión do citado monte de calquera inventario, catálogo ou rexistro público no que poidan figurar inscritos a favor de persoa ou entidade distinta á que agora se asigna a súa pertenza».

Notifíqueselle esta resolución ó alcalde-presidente, ó representante da comunidade veciñal, ó xefe do Servicio de Montes e Industrias Forestais, ós que se lles fará saber que contra esta resolución que esgota a vía administrativa poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo, logo da comunicación á que se refire o artigo 110. 3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de dous meses perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia contados a partir do día seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

O que por orde do presidente se fai público no Diario Oficial de Galicia, para xeral coñecemento.

Ourense, 5 de novembro de 1997.

José Manuel Baltar Blanco

Secretario do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense.

429