Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Mércores, 04 de febreiro de 1998 Páx. 1.065

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 4 de decembro de 1997, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/135-3).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Sáenz Díez, 45, 32000 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. de Vilar de Barrio-Norte.

Situación: Vilar de Barrio.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea á C.T. de Vilar de Barrio-1, a 20 kV, conductor LA-56, de 800 m de lonxitude, orixe en o apoio da L.M.T. de Vixueses-Codosedo e remate no C.T. de Vilar de Barrio-1. L.M.T. aérea ó C.T. de Vilar de Barrio-2, a 20 kV, conductor LA-56, de 1.192 m, con orixe no apoio existente da L.A.M.T. Laza-Vilar e Barrio de remate no C.T. de Vilar de Barrio-2. L.M.T. aérea ó C.T. de Barrio, a 20 kV, conductor LA-56, de 113 m de lonxitude, con orixe en apoio nº 7 da L.M.T. ó C.T. de Vilar de Barrio-2 e remata no C.T. de Barrio. L.M.T. aérea ó C.T. da estación de Vilar de Barrio, a 20 kV, conductor LA-56, lonxitude de 782 m, lonxitude de 782 m, orixe en apoio nº 85 da L.M.T. Vixueses-Codosedo e remate no C.T. da estación de Vilar de Santos. C.T. de 100 kVA e R/T 20.000/380-220 V. R.B.T. en Vilar de Barrio..

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 4 de decembro de 1997.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

377