Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Mércores, 04 de febreiro de 1998 Páx. 1.065

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 5 de decembro de 1997, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/136-3).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Sáenz Díez, 45, 32000 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. de Couto, Coutiño, Santigueiro.

Situación: Parada de Sil.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea ó C.T. Couto-Coutiño, a 20 kV, conductor LA-56, de 106 metros de lonxitude, con orixe no apoio da L.M.T. existente nos Peares-Casa do Vento e remate no C.T: aéreo de Couto-Coutiño. L.M.T. aérea ó C.T. de Santigueiro, a 20 kV, con conductor LA-56, de 133 metros de lonxitude, con orixe no apoio da L.M.T. existente Os Peares-Casa do Vento e remate no C.T. aéreo de Santigueiro. C.T. de 50 kVA de potencia e R/T 20.000/380-220 V. C.T. en Santigueiro, de 50 kVA de potencia e R/T 20-000/380-220 V. R.B.T. no sector.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 5 de decembro de 1997.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

378