Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Mércores, 04 de febreiro de 1998 Páx. 1.065

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 3 de decembro de 1997, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/134-3).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Sáenz Díez, 45, 32000 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. de Armariz.

Situación:

Descricións técnicas: liña de M.T. aérea a 20 kV, de 1.511 m de lonxitude, en conductor LA-56, con orixe en apoio nº 24, da L.M.T. existente Allariz-Maceda e remata no C.T. aéreo proxectado de Armariz. Liña de M.T. aérea de 20 kV, con 12 metros de lonxitude, en conductor LA-56, con orixe en apoio nº 1 da L.M.T. proxectada a C.T. proxectado de Armariz e remate no C.T. existente de San Xillao. C.T. de Armariz de 100 kVA e R/T 20.000/380-220 V. R.B.T. aérea de Armariz e Pousa.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 3 de decembro de 1997.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

376