Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Martes, 03 de febreiro de 1998 Páx. 1.027

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO.

1. Obxecto: redacción dos proxectos básico e de execución, a construcción e xestión, en réxime de concesión administrativa, dun parque temático educativo na zona do parque do Paxonal de Santiago de Compostela, incluíndo cafetería-restaurante, zona comercial vinculada tematicamente ó parque e salas de proxección, así como o axardinamento e urbanización do recinto.

2. Duración do contrato: obras: 2 anos. Concesión: 40 anos.

3. Clasificación do contratista: grupo C, subgrupo completo, categoría F.

4. Forma de adxudicación: adxudicarase mediante concurso por procedemento aberto.

5. Data de envío ó DOCE: 26-12-97.

6. Prazo e lugar de presentación das proposicións: as proposicións para poder tomar parte na licitación, presentaranse no rexistro xeral do Concello de Santiago de Compostela de 9 a 14 horas, ata o día 16-2-1998.

7. Fianza provisional: 2.000.000 de pesetas.

8. Criterios de adxudicación: son os que se sinalan na cláusula 22 do prego de condicións.

9. Apertura de proposicións: a apertura de proposicións terá lugar en acto público que se celebrará

na Casa do Concello (secretaría) ás 12 horas do día 18-2-1998.

10. Fianza definitiva: 4 por cento do orzamento da obra. Pola xestión do servicio: 15.000.000 de pesetas.

11. Modelo de proposición: Don/a..., con domicilio en..., rúa..., nº..., teléfono..., con DNI (ou pasaporte ou documento que o substitúa) nº..., actuando en nome propio (ou en representación de..., DNI ou CIF nº... e domilio en..., nº..., teléfono...) toma parte no concurso con procedemento aberto... e cos efectos que fai constar:

1) Que de conformidade co artigo 6 ofrece o canon de ... pesetas.

2) Que coñece e acepta cantas obrigas se deriven dos pregos de condicións do presente contrato.

3) Que presenta a documentación esixida no prego de condicións.

En... o... de... de 1997.

O licitador (asinado e rubricado).

Modelo de sobre:

Proposición para tomar parte na contratación das obras de...., presentada por...

En... o... de... de 19..

O licitador (asinado e rubricado).

12. Prego e documentación: poderá ser consultada na seguinte dirección: Concello de Santiago de Compostela. Sección Servicios-Contratación. Praza do Obradoiro, s/n. Santiago de Compostela (A Coruña). Teléfono (981) 54 23 24.

Santiago de Compostela, 26 de decembro de 1997.

O alcalde

Rubricado

10378