Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Martes, 03 de febreiro de 1998 Páx. 1.028

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación inicial do estudio de detalle da UA 4 Samil (expediente 4035/411).

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo, en sesión celebrada o 7 de novembro de 1997, acordou aprobar inicialmente o estudio de detalle da UA 4 Samil, formulado por Américo Alonso Alonso e Benigno Pérez González, conforme a documentación elaborada polo arquitecto José E. López Santander, visada polo COAG o 1 de setembro de 1997.

Sométese a información pública polo prazo dun mes, mediante inserción de anuncios no DOG, nun xornal dos de maior circulación da provincia e no taboleiro de anuncios da Casa do Concello.

Signifícase que o prazo de exposición ó público se entenderá aberto desde a primeira publicación ata o remate do mes contado desde o derradeiro anuncio. A documentación atópase na Oficina de Información da Xerencia Municipal de Urbanismo ó dispor do público, planta baixa da Casa do Concello.

O presente anuncio servirá de notificación nos termos do artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común para tódolos propietarios e interesados directamente afectados que, por resultaren descoñecidos ou ignorando o seu enderezo, non poidan ser notificados persoalmente.

Vigo, 20 de novembro de 1997.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde

778