Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Martes, 03 de febreiro de 1998 Páx. 1.027

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BOIRO

ANUNCIO.

De conformidade co disposto nos artigos 48 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, 8.d) da Lei 7/1995, do 29 de xuño, sobre delegación

e distribución de competencias en materia de urbanismo, e 70.2º da Lei 7/1985, do 2 de abril, de bases de réxime local, faise público que o Concello Pleno, en sesión do 11 de decembro de 1997, prestou aprobación definitiva á modificación das normas urbanísticas da zona dotacional da Cachada.

Contra este acordo, que é definitivo na vía administrativa, poderán os interesados interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, contados desde o día seguinte a aquel no que apareza publicado este anuncio por última vez no BOP ou no DOG.

A interposición deste recurso deberá comunicárselle previamente ó Concello de Boiro, de conformidade co disposto no artigo 110.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Boiro, 20 de xaneiro de 1998.

O alcalde

Rubricado

316