Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Martes, 03 de febreiro de 1998 Páx. 1.027

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA FONSAGRADA

ANUNCIO.

Por acordo do Pleno Corporativo deste Concello do 28 de novembro de 1997, aprobouse o avance da modificación das normas subsidiarias do planeamento municipal.

De conformidade co establecido no artigo 41.1º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, sométese a información pública polo prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia co fin de que as entidades e os particulares poidan suxeri-lo que consideren oportuno e presentar propostas e convenios urbanísticos que coiden procedentes.

Así mesmo, de conformidade co disposto no artigo 34 da Lei 1/1997, do solo de Galicia, acordouse a suspensión de licencias nas seguintes áreas afectadas polo avance de modificación aprobado:

1ª. Área sinalada coa modificación M2 (zoas inmediata ó mercado gandeiro, na que se propón a cualificación como solo dotacional, cunha superficie aproximada de 2.800 m e que linda, á fronte, con camiño de Carrapitas, á dereita, con vía prevista no planeamento que a separa do solo dotacional do mercado gandeiro e ó fondo e esquerda, con límite do solo urbano).

2ª. Área sinalada coa modificación M30 (contorno da Seimeira de Aldomán, na que se propón a cualificación como solo non urbanizable especialmente protexido, e cunha superficie aproximada de 42 hectáreas).

A Fonsagrada, 13 de xaneiro de 1998.

Bertín Deza Fernández

Alcalde

772