Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Martes, 03 de febreiro de 1998 Páx. 1.025

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 12 de xaneiro de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal do parque eólico Barbanza II, sito nos municipios do Porto do Son e A Pobra do Caramiñal. (Expediente 2/1997).

Por acordo do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do 10 de xullo de 1997, e por proposta da Consellería de Industria e Comercio, declarouse o plan eólico de Galicia como plan sectorial de incidencia supramunicipal, para os efectos previstos na Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia.

Polo tanto, en cumprimento do disposto no artigo 25.3º da citada Lei, a tenor do cal os planos ou proxectos que o Consello da Xunta de Galicia declare como de incidencia supramunicipal se someterán durante o prazo mínimo dun mes ós trámites de información pública mediante o correspondente anuncio no Diario Oficial de Galicia, e de audiencia ás entidades locais sobre as que indica o plano ou proxecto.

RESOLVO:

Someter a información pública o proxecto sectorial do parque eólico denominado Barbanza II declarado de incidencia supramunicipal polo acordo do Consello da Xunta de Galicia do 10 de xullo de 1997, por un prazo dun mes contado a partir da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Os interesados disporán do dito prazo para examina-lo proxecto sectorial do parque eólico na delegación provincial de Industria e presentar ante esta delegación as alegacións pertinentes.

A Coruña, 12 de xaneiro de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

775