Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Martes, 03 de febreiro de 1998 Páx. 1.026

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 21 de xaneiro de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se abre información pública para autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 7/1997).

Para os efectos previstos no Decreto 205/1995, do 6 de xullo, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia, sométese a información pública a solicitude da empresa Energías Ambientales, S.A., con enderezo social na rúa José Luis Bugallal Marchesi, 10-1º esq., A Coruña, para autorización administrativa do parque eólico Pico Marbán, con base nos seguintes datos:

-Municipios afectados: As Somozas.

-Superficie afectada 976 Ha e coordenadas:

V1 587,00 4.821,00.

V2 588,87 4.823,57.

V3 590,60 4.821,95.

V4 587,78 4.823,40.

-Potencia que se vai instalar: 15 Mw.

Durante o prazo de vinte días poderanse presentar solicitudes en competencia, axustadas ó disposto no artigo 10 do Decreto 205/1995, da Xunta de Galicia.

A Coruña, 21 de xaneiro de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

758