Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Luns, 02 de febreiro de 1998 Páx. 972

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE AMES

ANUNCIO de expropiación forzosa.

O Pleno da Corporación Municipal de Ames, en sesión do 30 de decembro de 1997, acordou aproba-la relación de bens e dereitos, así como a relación de propietarios afectados pola execución do proxecto de apertura e urbanización da travesía de Rueiro en Bertamiráns. Treito: p.k. 0,000 A p.k. 0,050; aprobado o seu proxecto pola Corporación en sesión do 29 de setembro de 1997 e, exposto ó público, non se presentou ningunha reclamación ou alegación, acordou solicitar da Xunta de Galicia, Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais a declaración de urxente ocupación de bens e dereitos afectados pola execución das obras co fin de remata-la total urbanización da citada vía e facilitarlles outra saída ós vehículos que circulando pola estrada de Negreira se dirixen cara a Noia, tratar de alivia-la aglomeración que se produce no semáforo da intersección da Avenida da Peregrina coa Avenida da Mahía.

Todo isto de conformidade co disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa e 56 e 58 do seu regulamento e orde da Xunta de Galicia do 7 de decembro de 1983.

Sométese o expediente expropiatorio a información pública durante un prazo de 15 días mediante anuncio que se publicará no BOP, Diario Oficial de Galicia e na prensa.

De conformidade co disposto nos artigos 4.1 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local e 2 da Lei de expropiación forzosa (que establecen a facultade expropiatoria das entidades locais) e artigo 94 do Decreto lexislativo 781/1986 (en virtude do cal a aprobación dos proxectos de obras incluídos en plans levará anexa a declaración de utilidade pública e a necesidade de ocupación), así como os artigos 10 a 21 e 52 da Lei de expropiación forzosa e 56 e 58 do seu regulamento, e Orde do 7 de decembro de 1983 da Consellería da Presidencia e Administración Pública da Xunta de

Galicia, faise pública a relación propietarios, bens e dereitos afectados pola execución das obras indicadas, incluídos na relación que figura a continuación, para que dentro do prazo de 15 días poidan formula-las alegacións que consideren oportunas.

O presente edicto servirá de notificación, nos termos do artigo 59 da Lei do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, para tódolos afectados que, por resultaren descoñecidos ou ignorándose o seu domicilio, non poidan ser citados persoalmente no trámite de información pública.

Relación de propietarios, bens e dereitos cos que non foi posible chegar a un acordo amigable:

Predio número 1 do plano parcelario.

Propietario: herdeiros de María Albardonedo García.

Superficie afectada: 396 m e unha edificación moi deteriorada.

Ames, 16 de xaneiro de 1998.

O alcalde

Rubricado

742