Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Luns, 02 de febreiro de 1998 Páx. 972

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ARTEIXO

ANUNCIO.

O Pleno da Corporación, en sesión celebrada o día 27 de decembro de 1997, acordou aprobar definitivamente a modificación puntual das NN.SS. de planeamento vixentes en Arteixo, que ten por obxecto a modificación de usos permitidos no solo non urbanizable común no lugar coñecido como Chan do Cadaval das Cordas, parroquia de Loureda, promovido por Melchor Pouso Martínez, en representación de M. Pouso, S.L., e redactado polo arquitecto Luis Hermida González.

Contra o acto que se publica poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Contencioso-Administrativo), no prazo de dous meses contados desde o día seguinte á data da publicación do presente anuncio, logo da comunicación a esta Administración pública, segundo o disposto no artigo 110.3 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, sen prexuízo do exercicio das demais accións que se consideren convenientes. (Expediente 16/1997, PMP).

Arteixo, 15 de xaneiro de 1998.

Manuel Pose Miñones

Alcalde