A Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da Orde do 22 de maio de 1996 (DOG do 6-6-1996), da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, convoca o seguinte concurso público:
1. Nome e enderezo do servicio: contratación administrativa do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela. Hospital de Conxo, rúa Ramón Baltar, s/n, 15706 Santiago de Compostela. Teléfono: (981) 54 05 36. Fax: (981) 53 12 55.
2. a) Modalidade de adxudicación: concurso aberto e ordinario.
b) Forma do contrato obxecto de licitación: subministración sucesiva.
3. a) Lugar de entrega: servicio de subministracións do complexo hospitalario.
b) Natureza e cantidade dos productos que hai que subministrar: implantes de xeonllos.
Importe: 121.803.000 ptas., IVE incluído.
Duración: un ano que se poderá prorrogar, por mutuo acordo, ata dous anos.
c) Licitación: á totalidade ou a un ou máis lotes.
4. Prazo de entrega eventualmente imposto: segundo as necesidades do complexo hospitalario.
5. a) Nome e enderezo do servicio ó que poden solicita-lo prego de condicións e os documentos complementarios: o que figura no punto 1.
b) Data límite para efectua-la dita solicitude: 2 de marzo de 1998.
c) Se é o caso, importe e modalidades de pagamento da suma que deba aboarse para obte-los ditos documentos: non.
6. a) Data límite de recepción de ofertas: 9 de marzo de 1998.
b) Enderezo ó que deben enviarse as ofertas: ver punto 1.
c) Lingua ou linguas nas que se deberán redacta-las ofertas: castelán e/ou galego.
7. a) Persoas admitidas para asistiren á apertura das ofertas: acto público.
b) Data, hora e lugar de apertura das ofertas: sala de xuntas do Hospital de Conxo a partir das 10 horas do día 20 de marzo de 1998.
8. Garantías esixidas.
Provisional: 2% do orzamento de licitación do lote/s ós que se presente oferta.
Definitiva: 4% do orzamento de licitación do lote/s adxudicados.
Constituiranse segundo establecen os artigos 36 e 37, respectivamente, da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións publicas (BOE nº 119, do 19-5-1995).
9. Modalidades básicas de financiamento e de pagamento e/ou referencia ós textos que as regulan: o pagamento realizarase en metálico segundo entregas realizadas.
10. Se é o caso, forma xurídica que deberá adopta-la unión de empresarios adxudicataria do contrato: o que establece o artigo 24 da Lei 13/1995.
11. Datos referentes á situación do provedor e datos e formalidades necesarios para a avaliación das condicións de carácter económico e técnico que debe reuni-lo provedor: ver cláusula 8 do prego de cláusulas administrativas particulares.
12. Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses, desde a data de apertura das proposicións.
13. Criterios que se utilizarán para a adxudicación do contrato:
Prezo: ata 5 puntos.
Características técnicas: ata 3 puntos.
Servicio: ata 2 puntos.
14. Se é o caso, prohibición de variantes: admítense, respectando o obxecto da subministración e o prezo unitario máximo.
15. Información complementaria: ver servicio do punto 1.
16. Data de publicación no DOCE do anuncio de información previa ou mención da súa non publicación: non publicado.
17. Data de envío do anuncio: 14 de xaneiro de 1998.
18. Data de recepción do anuncio pola Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas (reservado á OPOCE).
Santiago de Compostela, 8 de xaneiro de 1998.
Manuel Ariza López
Xerente xeral do Complexo Hospitalario
de Santiago de Compostela
741