Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Luns, 02 de febreiro de 1998 Páx. 965

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 26 de decembro de 1997, da Dirección Xerencia do Hospital Montecelo de Pontevedra, pola que se anuncia o concurso público para a adquisición de material sanitario funxible, destinado a cubrir necesidades deste hospital, polo procedemento aberto. (Expediente 9801).

A Dirección Xerencia do Hospital Montecelo de Pontevedra, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da Orde do 22 de maio de 1996 (DOG do 6 de xuño), da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, convoca

o concurso público nº 9801, polo procedemento aberto seguinte:

I. Obxecto e orzamento: a adquisición de material sanitario funxible, con destino a cubrir necesidades do hospital, repartido en dezaseis lotes que poden ser obxecto de licitación e adxudicación separadamente, por un orzamento total de 23.147.009 pesetas. Imposto sobre o valor engadido incluído.

Lote 1. Equipos Admón. solucións intravenoso. 5.567.210 ptas.

Lote 2. Sistema regulación fluxo p/equipos intravenosos. 965.250 ptas.

Lote 3, 4 e 5. Gasas. 4.852.833 ptas.

Lote 6. Compresas gasa 50x50. 4.950.000 ptas.

Lote 7, 8, 9, 10, 11, 12, 13 e 14. Cueiros. 3.397.140 ptas.

Lote 15. Empapadores. 2.488.200 ptas.

Lote 16. Compresas tocolóxicas. 926.376 ptas.

II. Prazo de execución: os bens obxecto do presente concurso público entregaranse conforme a demanda do Servicio de Subministracións.

III. Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas, e demais documentación complementaria, poderá ser solicitada na sección de concursos do Hospital Montecelo, lugar de Mourente, s/n., C.P. 36071 de Pontevedra, nos días laborables desde as 9 ata as 14 horas, ou por teléfono (986) 80 00 17, ou fax (986) 80 00 01, durante o prazo de admisión das proposicións.

IV. Fianzas: provisional, o dous por cento do orzamento da licitación de cada lote, que se constituirá conforme o disposto no prego de cláusulas administrativas particulares.

V. Solvencia económica e financeira: as empresas licitadoras acreditarán a súa solvencia económico-financeira por calquera dos medios previstos no artigo 16 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

VI. Solvencia técnica: acreditarase por algún dos medios previstos no artigo 18 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

VII. Criterios de adxudicación: os especificados no prego de cláusulas (p. 11).

VIII. Clasificación: non se esixe.

IX. Presentación das proposicións: as proposicións presentaranse en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoas que o representen, no rexistro xeral do Hospital Montecelo, antes das catorce horas do vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou por correo na forma indicada no artígo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

X. Apertura das proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas do Hospital Montecelo, ás dez horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

XI. Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

XII. Variantes: admitirase a presentación dunha variante ou alternativa por cada concepto.

XIII. Anuncios: o importe dos anuncios do presente concurso público será por conta dos adxudicatarios.

Pontevedra, 26 de decembro de 1997.

Rafael Pérez-Santamarina Feijóo

Director-xerente do Hospital Montecelo

de Pontevedra

473