A Dirección Xerencia do Hospital Montecelo de Pontevedra, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da Orde do 22 de maio de 1996 (DOG do 6 de xuño), da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, convoca o concurso público nº 9802, polo procedemento aberto seguinte:
I. Obxecto e orzamento: a adquisición de guantes cirúrxicos, con destino a cubrir necesidades do hospital, repartido en quince lotes que poden ser obxecto de licitación e adxudicación separadamente, por un orzamento total de 8.811.986 pesetas. Imposto sobre o valor engadido incluído.
II. Prazo de execución: os bens obxecto do presente concurso público entregaranse conforme a demanda do Servicio de Subministracións.
III. Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas, e demais documentación complementaria, poderá ser solicitada na sección de concursos do Hospital Montecelo, lugar de Mourente, s/n., C.P. 36071 de Pontevedra, nos días laborables desde as 9 ata as 14 horas, ou por teléfono (986) 80 00 17, ou fax (986) 80 00 01, durante o prazo de admisión das proposicións.
IV. Fianzas: provisional, o dous por cento do orzamento da licitación de cada lote, que se constituirá
conforme o disposto no prego de cláusulas administrativas particulares.
V. Solvencia económica e financeira: as empresas licitadoras acreditarán a súa solvencia económico-financeira por calquera dos medios previstos no artigo 16 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.
VI. Solvencia técnica: acreditarase por algún dos medios previstos no artigo 18 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.
VII. Criterios de adxudicación: os especificados no prego de cláusulas (p. 11).
VIII. Clasificación: non se esixe.
IX. Presentación das proposicións: as proposicións presentaranse en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoas que o representen, no rexistro xeral do Hospital Montecelo, antes das catorce horas do vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou por correo na forma indicada no artígo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.
X. Apertura das proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas do Hospital Montecelo, ás dez horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.
XI. Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.
XII. Variantes: admitirase a presentación dunha variante ou alternativa por cada concepto.
XIII. Anuncios: o importe dos anuncios do presente concurso público será por conta dos adxudicatarios.
Pontevedra, 26 de decembro de 1997.
Rafael Pérez-Santamarina Feijóo
Director-xerente do Hospital Montecelo
de Pontevedra
466