Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Luns, 02 de febreiro de 1998 Páx. 965

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANADERÍA Y POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 27 de xaneiro de 1998 pola que se anuncia a contratación, polo sistema de concurso, procedemento aberto e polo trámite de urxencia, dos servicios consistentes na instalación, montaxe e atención dun stand institucional da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, no pavillón Autonomías na feira Alimentaria-98, en Barcelona e outro máis.

A Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria resolveu convoca-la seguinte contratación polo sistema de concurso, procedemento aberto e polo trámite de urxencia:

Obxecto: contratación dos servicios que figuran na relación anexa, de acordo cos proxectos e pregos aprobados para elas. O orzamento, fianza provisional, fianza definitiva, clasificación e prazo de execución serán os que, así mesmo, se sinalan na relación.

Exposición do proxecto e pregos: o proxecto, así como o prego de cláusulas administrativas particulares, estarán á disposición dos licitadores para o seu exame durante o prazo de presentación de proposicións, os días e horas hábiles de oficina, no Servicio de Promoción Agroalimentaria da Dirección Xeral de Industrias e Alimentación da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria (edificios administrativos San Caetano, s/n, Santiago de Compostela-A Coruña).

Modelo de proposición: a proposición económica formularase estrictamente conforme o modelo que figura no prego de cláusulas administrativas particulares.

Presentación e apertura de proposicións: as proposicións serán entregadas no rexistro xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria ou en calquera das vías admitidas polo artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, antes das 14 horas do día 14 de febreiro de 1998.

A apertura de proposicións terá lugar en acto público ás 13 horas do día 17 de febreiro de 1998, na sala de xuntas da Secretaría Xeral da Consellería

de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria (edificios administrativos San Caetano, s/n, Santiago de Compostela-A Coruña).

Gastos de publicación: serán por conta dos adxudicatarios.

1. Instalación, montaxe e atención dun stand institucional da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, no pavillón Autonomías, na feira Alimentaria-98, en Barcelona.

Orzamento: 12.000.000 de ptas.

Fianza provisional: 240.000 ptas.

Fianza definitiva: 480.000 ptas.

Prazo de execución: 8 de marzo de 1998.

Clasificación: non é necesaria.

2. Instalación, montaxe e atención dun stand institucional da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, no pavillón de Intervín, na feira Alimentaria-98, en Barcelona.

Orzamento: 15.000.000 de ptas.

Fianza provisional: 300.000 ptas.

Fianza definitiva: 600.000 ptas.

Prazo de execución: 8 de marzo de 1998.

Clasificación: non é necesaria.

Santiago de Compostela, 27 de xaneiro de 1998.

P.D. (Orde 15-12-1997, DOG nº 243, do 17-12)

Ángel Bernardo Tahoces

Secretario xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria

472