Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Xoves, 29 de xaneiro de 1998 Páx. 795

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILAGARCÍA DE AROUSA

ANUNCIO de concurso aberto.

1. Obxecto do contrato. A execución do lote de obras de: pavimentación camiño da Bouza (A Torre);

pavimentación camiño Nervios (Cornazo); pavimentacións en Pepín; pavimentación en Abelle; servicios rúa Pedras (Sobradelo); pavimentación rúa do Xogo-Faxilde; pavimentación camiño As Barreiras (Guillán); pavimentación en Trabanca Badiña e pavimentación Renza-Piñeiro.

2. Prazo do contrato. Catro meses.

3. Prezo do contrato. 23.929.814 pesetas.

4. Garantías provisional e definitiva. A garantía provisional para participar no concurso será de 478.596 pesetas.

O adxudicatario virá obrigado a prestar unha garantía definitiva do 4 por cento do importe da adxudicación.

5. Proposicións. As proposicións presentaranse no Rexistro de Licitacións (secretaría xeral), en man, das 9.30 ás 13.30 horas durante os vinteséis días naturais seguintes ó da publicación do último dos anuncios nos BOP ou DOG

Tamén poderán presentarse na forma prevista no parágrafo 2º da cláusula XI.1.

As proposicións axustaranse ó modelo oficial que figura no prego de cláusulas administrativas e cumprirán as formalidades e documentación previstas na cláusula XI do prego.

Vilagarcía de Arousa, 12 de xaneiro de 1998.

Joaquín J. Gago López

Alcalde

629