Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Xoves, 29 de xaneiro de 1998 Páx. 795

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SAN CIBRAO DAS VIÑAS

ANUNCIO.

O Concello Pleno, en sesión celebrada o día 22 de decembro de 1997, acordou:

Primeiro.-Aprobar definitivamente a modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento de San Cibrao das Viñas, sector parque tecnolóxico.

Segundo.-Darlle cumprimento ó disposto no artigo 48.2º e 3º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, publicando o acordo de aprobación definitiva no BOP e no DOG, e o texto íntegro da normativa no BOP e remitíndolle copia do expediente administrativo completo á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

Contra o acordo que se publica poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Contencioso-Administrativo), no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio, logo da comunicación a esta Administración pública.

San Cibrao das Viñas, 2 de xaneiro de 1998.

Elisa Nogueira Méndez

Alcaldesa

365