Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Xoves, 29 de xaneiro de 1998 Páx. 795

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PADRÓN

EDICTO.

No BOP da Coruña, número 294, do 24 de decembro de 1997, publícanse as bases de convocatoria dunha praza de subalterno do grupo E, persoal funcionario, por oposición libre, incluída na oferta pública de emprego de 1997.

O prazo de presentación de instancias será de 20 días hábiles, a partir do seguinte ó da inserción do anuncio no último boletín oficial que o publique.

Padrón, 14 de xaneiro de 1998.

Jesús Villamor Calvo

Alcalde

308