Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Xoves, 29 de xaneiro de 1998 Páx. 795

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO (expediente 7/1997).

A Comisión Municipal de Goberno, en sesión ordinaria celebrada con data do 18 de decembro adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Desestima-la alegación presentada por Antonio E. Parada Arcía ó acordo de aprobación inicial coa base nos informes técnicos que constan no expediente, que se transcribirán ó interesado para os efectos de motivación.

Aprobar definitivamente, por instancia de Construcciones Hermanos Carrajo, S.A., representada por José Luis Carrajo Cortés, o proxecto de urbanización da praza entre Avda. de Buenos Aires, Camiño Caneiro e Ramón Cabanillas, logo da constitución de garantía polo importe de cento cincuenta millóns de pesetas (150.000.000 de pesetas) para asegura-la correcta execución das obras e o seu carácter previo ou simultáneo coas da edificación.

Esta resolución esgota a vía administrativa, polo que é potestativa a interposición do recurso contencioso-administrativo ante a xurisdicción competente no prazo de dous meses, que comezará a partir do día seguinte o da presente publicación.

Non obstante o recurso indicado, poderanse utilizar outros que así crese conveniente.

Este anuncio suple as circunstancias que puidesen concorrer no disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 8 de xaneiro de 1998.

Manuel Jaime Cabezas Enríquez

Alcalde-presidente

446