Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Xoves, 29 de xaneiro de 1998 Páx. 796

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE

CONCURSO para a subministración dun vehículo para a deputación.

De conformidade co que acordou a Comisión de Goberno, na sesión do día da data, convócase concurso para a subministración de turismo para o parque provincial con motor gasolina; catro portas; cilindrada mínima 2.700 cm; potencia mínima 190 CV; freos de dobre circuíto e con sistema tipo ABS; airbag frontais e laterais; tracción permanente ás catro rodas; caixa de cambios manual tipo tiptronic ou similar; dirección asistida; peche centralizado con mando a distancia; climatizador; elevalúas eléctricos; faros antinéboa.

O prazo de entrega será de 2 meses. O tipo de licitación é de 6.400.000 pesetas e a fianza provisional é do 2 por cento do tipo de licitación, sendo a definitiva do 4 por cento. O adxudicatario farase cargo do vehículo desta deputación, marca Volvo, modelo 760 turbo, OR-7873-N, debendo aboar por el o prezo que oferte na plica que presente.

As ofertas e documentación presentaranse ata as 12 horas do 13º día natural seguinte ó da publicación do anuncio e bases no BOP de Ourense e no Diario Oficial de Galicia, computándose a partir da última publicación, e a apertura de plicas realizarase no pazo provincial, ás 12 horas do día hábil seguinte, agás sábados.

Don/a..., con domicilio en..., DNI núm..., en nome propio (ou en representación de..., segundo acredita con...), informado/a do expediente e condicións para contrata-la subministración que se indica da Deputación de Ourense, anunciadas no... nº..., con data do..., comprométese ás prestacións que se expresan, polos prezos que se sinalan: concepto: vehículo..., tipo de licitación... pesetas, baixa que se ofrece ou prezo ofertado... Prezo que oferta polo Volvo OR-7873-N... Lugar, data e sinatura.

Ourense, 16 de xaneiro de 1998

O presidente

Rubricado