Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Mércores, 28 de xaneiro de 1998 Páx. 766

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CARBALLO

ANUNCIO.

Esta Alcaldía, por decreto do día de hoxe, resolveu aprobar definitivamente o proxecto de urbanización de dúas rúas no Camiño das Pedreiras e prolongación da Avda. do Ambulatorio, solicitado por Distribuidora Internacional de Alimentación, S.A.

A dita resolución ponlle fin á vía administrativa, e contra ela poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ó da derradeira publicación deste anuncio no DOG ou prensa, sen prexuízo de que se utilice e interpoña calquera outro que se considere conveniente.

Carballo, 15 de xaneiro de 1998

Manuel Varela Rey

Alcalde

606