Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Mércores, 28 de xaneiro de 1998 Páx. 767

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LUGO

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, en sesión celebrada o día 17 de decembro de 1997, aprobou a contratación, mediante concurso, das obras de construcción de 15 vivendas no barrio da Croa, Lugo.

1. Entidade adxudicataria.

a) Organismo: Concello de Lugo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Contratación.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: o obxecto do presente contrato é a execución das obras do proxecto denominado construcción de 15 vivendas no barrio da Croa, Lugo, redactado polos arquitectos José Arias Jordán, Santiago Catalán Tobia e Eduardo Herráez Fernández.

c) Lugar de execución: barrio da Croa, Lugo.

d) Prazo de execución (meses): 9.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 103.530.141 pesetas.

5. Garantías.

Provisional: 2.070.602 pesetas.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Lugo, Servicio de Contratación.

b) Domicilio: Quiroga Ballesteros, s/n.

c) Localidade e C.P.: Lugo, 27001.

d) Teléfonos: (982) 29 71 43 e 29 71 86.

e) Telefax: (982) 29 71 03.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o remate do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: grupo C, categoría d.

b) Outros requisitos: os sinalados no proxecto e no prego de condicións.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: vinteseis días naturais seguintes ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a que

figura na cláusula oitava do prego de condicións económico-administrativas.

c) Lugar de presentación:

1ª Entidade: Concello de Lugo, oficina do rexistro ou ben nos lugares legalmente establecidos.

2ª Domicilio: Praza Maior, 1.

3ª Localidade e C.P.: Lugo, 27001.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta (concurso): 3 meses.

e) Admisión de variantes (concurso): as que os licitadores consideren convenientes.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Concello de Lugo.

b) Domicilio: Praza Maior, 1.

c) Localidade: Lugo.

d) Data: o terceiro día hábil, excepto sábado, posterior ó prazo de remate das proposicións. O dito prazo ampliarase ata o décimo primeiro día no suposto de recibirse regulamentariamente aviso de presentación de proposicións por correo.

10. Outras informacións: as que se recollen nos pregos de condicións.

11. Gastos dos anuncios: serán por conta do contratista adxudicatario.

Lugo, 7 de xaneiro de 1998.

Visto e prace

Joaquín Mª García Díez

Alcalde

José A. Mourelle Cillero

Vicesecretario habilitado

597