Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Mércores, 28 de xaneiro de 1998 Páx. 766

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ARTEIXO

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, en sesión celebrada o día 5 de xaneiro de 1998, acordou aprobar inicialmente o plan especial para a dotación de servicios do núcleo de recente creación denominado Marciñado, das NN.SS. de planeamento vixentes en Arteixo, promovido por Manuel Novoa Blanco, e redactado polo arquitecto José María Dopico Suárez, que queda sometido a información pública polo prazo dun mes, contado a partir do seguinte ó da aparición do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia, durante o cal as persoas interesadas poderán examina-lo seu contido comparecendo nas dependencias do Servicio Municipal de Urbanismo, sitas na Avda. do Balneario, nº 10-1º, Arteixo, e presentando as alegacións que consideren convenientes. (Expediente 32/97. PPE)

Arteixo, 19 de xaneiro de 1998.

Manuel Pose Miñones

Alcalde

596