Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Mércores, 28 de xaneiro de 1998 Páx. 766

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 24 de novembro de 1997 pola que se fan públicas as razóns que xustifican a utilización do procedemento de contratación directa do alugueiro do local sito no polígono do Tambre de Santiago de Compostela con destino a almacén do arquivo central de expedientes médico sanitarios do Complexo Universitario de Santiago de Compostela.

En cumprimento do disposto no artigo 22.1 da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia e 55 do seu regulamento, e á vista das competencias que teño atribuídas con base no decreto 64/1996, do 15 de febreiro, polo que se establece a estructura orgánica dos servicios centrais do Sergas,

RESOLVO:

Primeiro.-Facer público que, pola urxencia da adquisición, se xustifica logo da fiscalización da Intervención Delegada, a utilización do procedemento de contratación directa do alugueiro do local sito no polígono do Tambre, parcelas 198 y 199 de San

tiago de Compostela, para destinalo a almacén do arquivo central de expedientes médico sanitarios do Complexo Universitario de Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 24 de novembro de 1997.

P.O. (Orde 22-5-1996)

Manuel Antonio Silva Romero

Secretario xeral do Servicio Galego de Saúde

595