Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Mércores, 28 de xaneiro de 1998 Páx. 763

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 15 de decembro de 1997, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da notificación das resolucións de expedientes sancionadores por infraccións en materia de espectáculos públicos LU-E 129/97 e cinco máis.

De conformidade co establecido no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que a continuación se relacionan, ó non podérselles notificar por correo certificado as resolucións dictadas nos expedientes de sanción, por infraccións en materia de espectáculos públicos; a súa cuantía e número cítanse no anexo.

Contra estas resolucións poderá interpoñer, o interesado, recurso ordinario, perante o conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, no prazo dun

mes, contado desde o día seguinte ó da súa notificación.

Advírtase que de non ser interposto este en tempo e forma, terá que se aboa-la multa imposta no período de pagamento voluntario, a favor do Tesouro da Facenda galega, conta restrinxida da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, recadación de multas e sancións de espectáculos públicos, número 2091/0152/29-3110001658, en calquera oficina da entidade bancaria Caixa Galicia, facendo consta-lo número de expediente sancionador, co cal se lle porá fin a este. Transcorrido o dito prazo procederase ó cobramento pola vía de constrinximento, de conformidade co establecido na disposición terceira da Orde do 22 de maio de 1987, da Consellería de Economía e Facenda (DOG do 3 de xuño).

Lugo, 15 de decembro de 1997.

(Decreto 13/1994, do 20-1)

Rafael Díaz Iglesias

Secretario provincial

ANEXO

NomeDNI/NIFNº expedientePrecepto infrinxidoÚltimo domicilioMulta

Joe A. Domínguez Cid34918984LU-E 129/9726-e) LO 1/1992Perpetuo Socorro, 43, Lugo50.000 ptas.

Donald Ramón Leivas Palacios33849813LU-E 827/9726-e) LO 1/1992Rúa Concello 13, Mondoñedo50.000 ptas.

Mª del Carmen Álvarez Pérez76938963LU-E 814/9726-e) LO 1/1992Rúa Calvo Sotelo, 30-1º D, Ribadeo50.000 ptas.

Mª del Carmen Álvarez Pérez76938963LU-E 858/9726-e) LO 1/1992Rúa Calvo Sotelo, 30-1º D, Ribadeo50.000 ptas.

C.B. Paskyan

(Ángel Nadela e Pascual Zuluaga)

E-27192400LU-E 901/9726-e) LO 1/1992Rúa Río Ser, 1, Lugo50.000 ptas.

Jacinto Sotillo Castillo33342156LU-E 846/9726-e) LO 1/1992Ronda de Fingoi, 12-5, Lugo50.000 ptas.

423