En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que, no correspondente servicio desta dirección xeral, se presentou o día 30 de decembro de 1997, certificación expedida polo secretario da devandita asociación, Xavier Estévez, avalada co visto e prace do seu presidente Evaristo Calvo, na que se reflicte o acordo acadado pola xunta directiva, na reunión celebrada o 28 de decembro de 1997, e que se concreta no cambio do domicilio social da asociación, que pasa a ser: Porta da Pena, 10 baixo esquerda, Santiago de Compostela (A Coruña).
Santiago de Compostela, 9 de xaneiro de 1998.
María José Cimadevila Cea
Directora xeral de Relacións Laborais
286