Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Mércores, 28 de xaneiro de 1998 Páx. 762

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 15 de decembro de 1997, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da notificación dos acordos de iniciación de expedientes sancionadores por infraccións en materia de espectáculos públicos LU-E 280/97 e dez máis.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que a continuación se relacionan, ós que non se lles puido facer por correo certificado os acordos de iniciación dictados nos expedientes de sanción, por infraccións en materia de espectáculos públicos; o seu número cítase no anexo.

Desígnase instructor do expediente ó xefe do Servicio de Xustiza, Administración Local e Interior, Rafael López Charques e secretaria á xefa de Negociado Inés Docando Casanova, podendo ser recusados en calquera momento da tramitación do expediente, de darse algún suposto dos que determina o artigo 29 da Lei 30/1992 (BOE do 27-11-1992).

O interesado disporá dun prazo de 10 días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para poder examina-lo expediente no Servicio de Xustiza, Admón. Local e Interior desta delegación provincial, e para achegar por escrito cantas alegacións, documentos, informacións ou probas, considere convenientes en defensa dos seus dereitos, podendo recoñecer voluntariamente a súa responsabilidade, tal como establece o artigo 13-d) do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto.

No caso de que decida non efectuar alegacións no prazo indicado, este acordo de iniciación poderá

ser considerado como proposta de resolución cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do Real decreto 1398/1993 (BOE do 9-8-1993), determinándose para estes efectos o importe da sanción.

Será competente para a imposición da sanción o delegado provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais en Lugo, segundo o establecido na Orde do 26 de setembro de 1996, da devandita consellería (DOG do 30-9-1996).

Lugo, 15 de decembro de 1997.

(Decreto 13/1994, do 20-1)

Rafael Díaz Iglesias

Secretario provincial

ANEXO

NomeDNI/NIFNº expedientePrecepto infrinxidoÚltimo domicilioMulta

máxima

Mª Divina Penabad Rouco77593358LU-E 280/9723-d) LO 1/92Rúa Luis Trelles, 16 ViveiroAta 5.000.000 de

ptas.

Guillermo Díaz Seijas32806528LU-E 237/9723-d) LO 1/92Avda. A Coruña, 244, 7º C, LugoAta 5.000.000 de

ptas.

Manuel López Garllardo33789493LU-E 1097/9726-e) LO I/92Rúa Río Eo, 48, LugoAta 50.000 ptas.

Manuel García Martínez76554131LU-E 1104/9726-e) LO 1/92Campo de Ponte, 45, VilalbaAta 50.000 ptas.

Mª Belén Martínez Fernández76904260LU-E 1099/9726-e) LO 1/92Rúa Río Eo, 73-1º, LugoAta 50.000 ptas.

Mª Belén Martínez Fernández76904260LU-E 1094/9726-e) LO 1/92Rúa Río Eo, 73-1º, LugoAta 50.000 ptas.

Mª Carmen Rodríguez Sánchez33807698LU-E 1101/9726-e) LO 1/92Rúa Santiago, 28-1º, LugoAta 50.000 ptas.

Inversión Hostelera Cervantes, S.L.B-27194620LU-E 1111/9723-o), 26- e)

LO 1/92

Rúa Miguel de Cervantes, 37, LugoAta 5.000.000 de

ptas.

Jaime Fontal Lage33847636LU-E 1105/9726-e) LO 1/92Rúa Río Neira, 23-5º, LugoAta 50.000 ptas.

Mª Fátima Rodríguez RibeiroX-1861092-RLU-E 1093/9726-e) LO 1/92Rúa Nicomedes Pastor Díaz, 40-4º, LugoAta 50.000 ptas.

Mª Fátima Rodríguez RibeiroX-1861092-RLU-E 1098/9726-e) LO 1/92Rúa Nicomedes Pastor Díaz, 40-4º, LugoAta 50.000 ptas.

196