Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Mércores, 28 de xaneiro de 1998 Páx. 762

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 15 de xaneiro de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública para a autorización administrativa, declaración de utilidade pública, aprobación do proxecto de execución e outorgamento da condición de instalación de producción acollida ó réxime especial, o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal do parque eólico denominado Monte da Serra. (Expediente 6/1997).

Para os efectos previstos no Decreto 205/1995, do 6 de xullo, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia, sométese a información pública a solicitude da empresa Energías Ambientales, S.A., con enderezo en r/ Bugallal Marchesi, 10-1º esquerda, A Coruña, para a autorización administrativa, declaración de utilidade pública, aprobación de proxecto de execución e outorgamento da instalación eléctrica aco

llida ó réxime especial, que se vai implantar no denominado parque eólico Monte da Serra no municipio das Somozas, dentro das poligonais cerradas de vértices:

V1 (0.588.000 W, 4.821.800 N), V2 (0.589.250 W, 4.820.840 N), V3 (0.589.010 W, 4.820.490 N), V4 (0.590.180 W, 4.819.640 N), V5 (0.589.970 W, 4.818.460 N) e V6 (0.587.000 W, 4.821.000 N) as instalacións eléctricas seguintes:

-25 aeroxeradores de 600 kVA de potencia nominal unitaria, cunha potencia total de 15 MW.

-25 transformadores de 630 kVA de potencia e tensións de 0,690/20 kV, liña eléctrica subterránea de media tensión interconectando transformadores e gabia de 1 m. de profundidade sobre a capa de area.

-Subestación eléctrica 20/132 kV, equipada cun transformador de potencia de 50 M.V.A.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas reclamacións ou oposición no prazo de trinta días nesta delegación provincial, edificio administrativo Monelos. 15071 A Coruña.

A Coruña, 15 de xaneiro de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

195