Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Mércores, 28 de xaneiro de 1998 Páx. 724

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 12 de decembro de 1997 pola que se autoriza o cambio de denominación do colexio de educación infantil primaria de Sardiñeiro, Fisterra (A Coruña) e do colexio de educación infantil primaria de Barreiro, Pontedeume (A Coruña).

Tendo en conta o artigo 8 do Decreto 374/1996, do 17 de outubro, polo que se aproba o Regulamento orgánico das escolas de educación infantil, colexios de educación primaria e colexios de educación infantil e primaria (DOG do 21 de outubro de 1996), así como os correspondentes informes, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa, esta consellería,

DISPÓN:

Autoriza-lo cambio de denominación dos centros que no anexo se relacionan.

Santiago de Compostela, 12 de decembro de 1997.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

-Provincia: A Coruña.

Concello: Fisterra.

Localidade: Sardiñeiro.

Código do centro: 15007266.

Denominación: colexio de educación infantil e primaria de Sardiñeiro.

Nova denominación: colexio de educación infantil e primaria Areouta.

-Provincia: A Coruña.

Concello: Pontedeume.

Localidade: Andrade.

Código do centro: 15024963.

Denominación: colexio de educación infantil e primaria de Barreiro.

Nova denominación: colexio de educación infantil e primaria de Andrade.

421