Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Mércores, 28 de xaneiro de 1998 Páx. 725

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 22 de decembro de 1997 pola que se autoriza o cambio de denominación do colexio de educación infantil primaria José Antonio Primo de Rivera, de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra).

Tendo en conta o artigo 8 do Decreto 374/1996, do 17 de outubro, polo que se aproba o Regulamento orgánico das escolas de educación infantil, colexios de educación primaria e colexios de educación infantil e primaria (DOG do 21 de outubro de 1996), así como os correspondentes informes, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa, esta consellería,

DISPÓN:

Autoriza-lo cambio de denominación do centro que no anexo se relaciona.

Santiago de Compostela, 12 de decembro de 1997.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

-Provincia: Pontevedra.

Concello: Vilagarcía de Arousa.

Localidade: Vilagarcía de Arousa.

Código do centro: 36012407.

Denominación: colexio de educación infantil e primaria José Antonio Primo de Rivera.

Nova denominación: colexio de educación infantil e primaria A Lomba.

504